Friday 03 de May de 2024

Rey agradece á Asociación de Xoves Empresarios “o traballo que realizan por promover unha cultura emprendedora que nos fai ter unha identidade propia”


A alcaldesa clausurou a gala da novena edición do Premio Xove Empresaria/o e Iniciativa Emprendedora de Galicia 2020, organizada por AJE Coruña e que se celebrou no Teatro Rosalía de Castro

A alcaldesa, Inés Rey, clausurou gala da novena edición do Premio Xove Empresaria/o e Iniciativa Emprendedora de Galicia 2020, organizada por AJE Coruña e que tivo lugar esta noite no Teatro Rosalía de Castro.

No acto tamén interviñeron o presidente de AJE Coruña, Miguel Miragaya, o presidente de AJE Galicia, Luciano Covelo, o presidente de CEAJE, Fermín Albaladejo, o presidente da CECE e representante da Xunta de vicepresidentes da CEG, Antonio Fontenla, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde. O periodista Pablo Portabales foi o encargado de presentar esta gala.

Esta edición do Premio Xove Empresaria/o e Iniciativa Emprendedora de Galicia conta con dúas categorías e 4 accésit. As persoas premiadas foron:

– Premio Iniciativa Empresarial de Galicia 2020: Coosy
Nota de Prensa

– Premio Iniciativa Emprendedora de Galicia 2020: Kendra Realidades Alternativas – Accésit RSE Vegalsa – Eroski: Koh Lanta – Accésit Internacionalización Deloitte: Docuten – Accésit Innovación: Aleutos – Accésit Creación de Empleo: Grupo Atlante

Inés Rey asegurou na súa intervención que estes premios son “tan necesarios como necesario é darlle a esta cidade e a Galicia un impulso económico” e agradeceu á Asociación de Xoves Empresarios “o traballo que realizan por promover unha cultura emprendedora que nos fai ser diferentes e ter unha identidade propia baseada en ideas que se escapan do de sempre e que veñen marcadas co sello da calidade”. “O momento emprendedor está cuberto con creces na nosa comunidade: hai persoal cualificadísimo, hai ideas e hai materia prima pero non nos esquezamos do que vén despois, porque ese impulso por darlle corpo ás ideas ten que vir acompañado doutro empurrón máis grande que os axude a establecerse definitivamente”, explicou Rey.